Avisos

Premio Nacional 2013 de "Boas prácticas locais contra a Violencia de Xénero" outorgado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Ciberviolencia


Ciberviolencia contra as mulleres, supón novas formas de violencia reproducidas en dixital, coas mesmas características na súa raíz de desigualdade e sexismo que a violencia de xénero pero en novos formatos e coa inmediatez que facilitan as novas tecnoloxías.



CONCEPTOS A TER EN CONTA:


  • Denomínase ciberviolencia de xénero á violencia que ocorre de xeito virtual, utilizando as TICs como medio para exercer dano ou dominio. Pode exercerse por parte de parellas, exparellas, persoas coñecidas ou descoñecidas, tendo distintas formas de manifestación. A posibilidade de realizar contactos, insultos e humillacións públicas a través das TICs e a facilidade de mecanismos de control da conexión “o último estado online”, converten a estas ciberviolencias en novos medios de exercer o dominio e o control sobre as mulleres e as mozas.


Preme na imaxe para enlazar con www.pantallasamigas.net



  • Sexting: consiste no envio de fotos e/ou vídeos de contido sexual a outra persoa a través do teléfono móbil ou internet. Por exemplo fotos íntimas, en roupa interior, etc.


Preme na imaxe para enlazar con www.pantallas amigas.net



  • Sextorsión: forma de explotación sexual na cal se chantaxea a unha persoa por medio dunha imaxe de si mesma espida que se compartiu a través de internet mediante sexting. 


Preme na imaxe para enlazar con www.pantallasamigas.net



  • Ciberbulling: pode considerarse como a extensión a internet do acoso escolar, aínda que non é o mesmo. Consiste no uso de medios telemáticos (internet, teléfonos móbiles, consolas de xogos, etc) para exercer acoso psicolóxico entre menores (non interveñen persoas adultas) de xeito individual ou grupal: humillacións, ameazas, acoso, etc. Cando no acoso intervén algunha persoa adulta denomínase ciberacoso.




  • Grooming ou engatusamento: emprégase para describir as prácticas online de certas persoas adultas para gañar a amizade e a confianza dun/dunha menor finxindo empatía, cariño, etc, con fin sexual.


Preme na imaxe para enlazar con www.pantallasamigas.net